CRTVG

Buscar

Iago López-Marra xa non pensa noutra cousa que non sexan os Xogos

Publicado o 24/12/2019 15:07

Furando dende o Son cara o outro lado do mundo chégase ás antípodas en Nova Zelandia. Alí o sonense Iago López-Marra e o seu compañeiro de balandro en 49er, Diego Botín, veñen de facer o obxectivo do ano.

Botín e López-Marra conseguiron unha cuarta praza no mundial da especialidade logo de arrancar máis alá dos trinta postos. Unha progresión que os ubica na elite para a cita olímpica do 2020 en Toquio con tres grandes competidores.

O 49er é un barco moi técnico, veloz e sacrificado a partes iguais, e no que o campo de regatas é determinante para quitarlle ou non todo o partido. En Hiroshima, a sede da vela no Xapón, agarda un pouco de todo.

Con vento por riba dos quince nós, o barco do regatista galego faise máis competitivo e Botín e López.Marra agardan xa o mellor refacho para superar o décimo posto en Río 2016.

Noticias web

24/12/2019