CRTVG

Buscar

Iago López Marra, virtual gañador da Regata Internacional de Lanzarote

Publicado o 25/03/2021 20:47

Iago López Marra e Támara Echegoyen están afinando a preparación para os Xogos Olímpicos de Toquio. Os dous regatistas galegos participan en Lanzarote nunha das últimas probas internacionais previas as Olimpíadas.

López Marra fai parella con Diego Botín, virtuais gañadores da regata na categoría 49er. Destacada tamén a participación de Tamara Echegoyen e Paula Barceló, dúo no 49er FX, que soben á quinta praza a falta dunha regata e a Medal Race.

Noticias web

25/03/2021