Iago López e Patri Suárez, camiño dos Xogos
Publicado o 05/12/2019 16:30
Espectacular actuación dos galegos Iago López Marra e Patri Suárez no mundial de 49er que se celebra en Nova Zelandia. Na terceira xornada, o sonense Iago López Marra e o cántabro Diego Botín, estando contra as cordas deron unha exhibición na baía de Auckland e lograron ascender á novena posición da xeral tras gañar a sétima regata e lograr un terceiro e un cuarto nas outras dúas. Ademais, a viguesa Patri Suárez, xunto coa madrileña Nicole Van der Velden, son oitavas na xeral. Nestes momentos, tanto Iago como Patri Suárez clasificarían os seus barcos para os xogos de Toquio.