CRTVG

Buscar

Iago López e Diego Botín continúan remontando en 49ers

Publicado o 06/12/2019 17:54

E no Mundial de Vela de Nova Zelandia, boas noticias do sonense Iago López e Diego Botín en 49ers onde seguen remontando.

O regatista de Porto do Son e o seu compeñeiro cántabro lograron un primeiro e un segundo posto no cuarto día de competición. Ascenderon a quinta praza da xeral e lideran a carreira para clasificar o barco para Toquio.

E a viguesa Patricia Súarez xunta a Van der Velde van undécimas, pero teñen a Medal Race e o billete olímpico a tiro.

Támara Echegoyen tivo que abandonar pola lesión da súa compañeira Paula Barceló
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019