CRTVG

Buscar

Iago Caamaño quere presionar a Senra desde o principio no Sur do Condado

Publicado o 11/07/2019 18:37

Cita para os amantes do motor este sábado co Rally Sur do Condado, en Salvaterra de Miño. Quinta proba do campionato galego. Quedan catro. A Salvaterra chega Víctor Senra como líder, por diante de Alberto Meira e Iago Caamaño. O piloto de Culleredo gañou a última competición en Narón.

Acode sen presión ao Sur do Condado e confía en presionar a Víctor Senra desde o principio."Dando sempre o primeiro golpe na mesa. Se lle gañas o primeiro treito, pódeslle gañar psicoloxicamente. Imos saír por todas. Somos os que menos opcións de campionato temos, os que menos presión temos. Imos dar o dó de peito", explicou Iago Caamaño
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019