CRTVG

Buscar

Iago Aspas non entra en polémicas pola súa ausencia na selección

Publicado o 27/03/2021 14:51

• Aspas: " Veño dunha familia humilde. Non me agocho e seguiré loitando"

Rematou o decepcionante partido da selección cun empate a 1 ante Grecia e o Celta publicou un chío cunha foto de Iago Aspas e a música do Titanic. O dianteiro celeste, ausente na convocatoria de Luis Enrique, sinala que "eu non lle podo facer nada, teño que tentar seguir traballando, facelo o mellor posible no meu club, como digo sempre, e a ver se hai sorte na próxima convocatoria"


O certo é que Iago leva xa máis de dous anos sen vestir a camiseta da selección pero non renuncia á ilusión de xogar a Eurocopa este verán. "Veño dunha familia humilde, a min ninguén me regalou nada para chegar onde cheguei. Non vou agochar a cabeza ás primeiras de cambio, vou seguir loitando. A esperanza é o último que se perde", di o de Moaña

Preguntámoslle a Iago como está a ver a selección de Luis Enrique: "Está probando moitísimos xogadores para tentar reinar outra vez en Europa e no Mundo", considera o xogador celeste.

Luis Enrique pídelle aos xogadores que voen para ir á selección. E Iago quere voar.

 

 

 

 

Noticias web

27/03/2021