CRTVG

Buscar

Iago Aspas: "Hai que centrarse no próximo partido que é o comezo da nosa salvación"

Publicado o 29/05/2020 21:05

Aínda que isto pareza unha pretemporada, o desenlace da liga ven de seguido e o Celta está apenas un punto sobre o descenso.

Iago:"Non hai que pensar tanto en fichaxes e contratos e si no próximo rival, que será o comezo da nosa salvación. Os partidos van ser moi difíciles e máis co pouco tempo que imos ter de descanso."

Menos descanso e sen afeccionados. Óscar García observa que é un factor que ten influencia. Está por ver se vai prexudicar o Celta, que xoga seis partidos na casa e cinco fóra.
"En Alemaña están gañando os que xogan fóra. A xente sempre nos axuda moito; era primordial pero agora estamos todos nas mesmas condicións"

Outro contratempo é a baixa de SergioOscar García: "É un xogador moi valioso. É unha perda importante"

O que non poñen en dúbida é o compromiso dos xogadores que acaban cesión ou contrato o 30 de xuño.
"Todos os que acaban o 30 de xuño viñeron a un gran nivel e nótaselles pola maneira de adestrarse que queren axudarlle ó Celta"

A próxima semana comezan os adestramentos precompetición e coñecerase o calendario detallado.
 

Noticias web

29/05/2020