Iago Aspas: "Estamos nunha situación difícil. Hai que espelir"
Iago Aspas exerceu de capitán contra o Mallorca noutra oportunidade perdida para saír do descenso. O moañés di que hai que espelir.
"Estamos nunha situación dificíl. A realidade é a que é. Hai que espelir para saír de aí o máis rápido posible".
Sete semanas en descenso e non pode cos rivais directos. O Mallorca perdera tódolos partidos fóra e sacou petróleo de Balaídos, con dous goles en apenas unha chegada, o do empate xogando con dez, e cunha agresividade que deixou pegada nas pernas dos celestes.
Kevin: "Fixemos todo o que ensaiaramos. O resultado é un destrastre".
O positivo, o gol de Rafinha, Óscar García ve melloras no equipo: "Desde que cheguei estamos creando moitas ocasións. Este foi o mellor partido desde que estou aquí. É o camiño que quero e estou convencido de que imos saír".
O xoves, Copa en Calahorra, e o domingo, Liga contra o Levante sen moitas opcións na portería. Sergio foi operado este luns do xeonllo e confírmase que ten para dous meses de baixa.