CRTVG

Buscar

Iago Aspas, convocado de novo por Lopetegui para xogar coa Selección

Publicado o 19/05/2017 14:30

E a selección española segue contando con Iago Aspas. O dianteiro do Celta foi convocado para os próximos dous partidos.

O amigable ante Colombia que se vai disputar en Murcia o vindeiro 7 de xuño e o partido de clasificación para o Mundial de Rusia que vai enfrontar España con Macedonia o día 11.Ademais de Aspas, as principais novidades na lista son a presenza de Kepa, o porteiro do Athlétic e de Marco Asensio.

Así o facían público a Selección Española e o Celta de Vigo nas súas respectivas contas de Twitter:

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017