Iago Aspas apunta a Xetafe
Publicado o 05/02/2019 13:22
Iago Aspas apunta a Xetafe. Estase adestrando con normalidade e cun sorriso na cara. Aspas lesionouse o 22 de decembro. Ata o momento deixou de xogar cinco partidos. Deses partidos o Celta só gañou nunha ocasión, ante o Sevilla. Se todo transcorre coma onte e hoxe, a finais de semana recibirá a alta médica e viaxará a Xetafe.