CRTVG

Buscar

Iago Aspas analiza as novas incorporacións do Celta

Publicado o 15/01/2020 17:22

Asume que el debe de ser dos xogadores que tiren do carro

Se hai un líder neste Celta é Iago Aspas. O moañés entende o técnico e asume que xogadores da súa veteranía deben de tirar do carro.

Con todo ve o equipo capacitado e ilusionado para saír desta situación. En canto aos reforzos, un dos xogadores que soa é Augusto, un centrocampista avalado polo moañés.

Tralo parón da copa este domingo volve a pelexa da liga en San Mamés. O Athletic é un dos tres equipos aos que o Celta lle gañou na primeira volta. Un encontro en que non estará Araújo. Pero o central podería reaparecer na seguinte xornada co Eibar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020