CRTVG

Buscar

Hülkenberg, substituto de urxencia de Sergio Pérez na F1

Publicado o 31/07/2020 23:02

Imos coa Fórmula 1. A ausencia de Sergio Pérez tras dar positivo en coronavirus levou á escudaría Racing Point a moverse rapidamente
e rescatar un retirado Nico Hülkenberg. Así que será o alemán e non Esteban Gutiérrez quen substitúa ao Checo Pérez. O de Hülkenberg ten mérito. Chamárono de urxencia, voou desde Alemaña e esta mañá subuise a un Fórmula 1 despois dun ano sen competir. O alemán non estaba cómodo: "Teño un punto de presión no cu", chegou a dicir por radio. Improvisáronlle un asento recheo de escumas e saiu correr. Fixo o sétimo mellor tempo nos adestramentos libres. Así que Hülkenberg aínda está a tempo de facer o primeiro podio da súa carreira.

Noticias web

31/07/2020