CRTVG

Buscar

Hugo Rama volve ao fútbol

Publicado o 18/01/2020 14:56
O santiagués lesionouse co Mirandés

Douscentos dezanove días despois da súa lesión co Mirandés, Hugo Rama volvía ao fútbol.

Hugo Rama. C. D. Lugo. "Douscentos dezanove días duros, sobre todo os primeiros asimilar o que che pasa. Despois, unha vez que empezas coa recuperación, vés que son duros todolos días, pero tamén é moito aprendizaxe e, a verdade, eu saio moi forte desta lesión".

O seu xeonllo amósase en perfecto estado, o que lle permitiu voltar o pasado mércores en Vallekas e debutar na Segunda división.

Hugo Rama. C. D. Lugo. "A miña cabeza comezou a dar voltas, case se me caen as bágoas e logo xa unha vez que mirei o campo, cando o pisas, esquéceste de todo".

Os sete meses que estivo inactivo, permiítironlle a Hugo Rama seguir ao equipo desde a bancada e analizar as chaves polas que o Lugo está en descenso.

Hugo Rama. C. D. Lugo. "Creo que houbo un partido aquí contra o Deportivo no que debimos gañar e non o fixemos, fíxonos bastante dano, e a partir de ahí, os últimos partidos con Eloy foron a non perder."

Hugo Rama disponse a levar o peso do equipo... Todo está preparado para ver a súa estrea no Anxo Carro.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020