CRTVG

Buscar

Hugo Rama, elixido mellor xogador da temporada do Lugo

Publicado o 14/06/2021 20:16

A actualidade do Lugo ten hoxe un claro protagonista, Hugo Rama, o centrocampista foi escollido mellor xogador da tempada. Un galardón outorgado por unha coñecida marca de cervexa, aínda que o santiagués tivo certamente unha actuación meritoria na permanencia do Lugo. Xogou 36 partidos, 29 como titular, anotou catro goles e deu dúas asistencias. Rama di que o equipo empapouse do espítrito de resistencia que lles inculcou Albés.
 

Noticias web

14/06/2021