Hugo Rama: "A media hora do outro día é de auténtico equipazo, temos que xogar así todo o tempo"
Publicado o 16/09/2021 15:02
E no Lugo, o triunfo ante o Huesca supuxo unha inxección de confianza para o equipo. O equipo quere aproveitar esa inercia para afrontar o choque deste sábado no campo do Cartaxena.
"Estamos mellorando moito, temos que xogar como co Huesca, pero non só media hora", comentou o futbolista Hugo Rama en conferencia de prensa.