CRTVG

Buscar

Hugo Mallo viaxa a Valencia; Emre Mor e Boufal, fóra da convocatoria

Publicado o 25/09/2018 15:28

Hoxe arranca a sexta xornada na Primeira e mañá actúa o Celta en Mestalla. Mohamed prescinde outra vez de Emre Mor. Queda en Vigo por lesión Boufal. Non se recuperou dun golpe no nocello sufrido no partido co Valladolid. E volven á convocatoria Hugo Mallo e Gustavo Cabral.Emre Mor estivo na lista do partido co Valladolid, pero non xogou. A Valencia nin viaxa.

Frega os ollos Mohamed porque o empate do Valladolid aínda doe coma unha ferida. Non sinala culpables pero fará trocos para Valencia. O rival está descoñecido: Valencia, equipo de Champions que na Liga aínda non gañou un partido. O plan para Mestalla é o de sempre: presionar, ir polo partido e sufrir se hai talento no rival.  Sexta xornada de Liga. O Celta ábrea na zona Champions como un dos equipos con máis gol da liga, e como un dos máis goleados

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2018