CRTVG

Buscar

Hugo Mallo celebra 350 partidos vestindo a camiseta do Celta

Publicado o 26/11/2019 16:23

O capitán celeste, Hugo Mallo, celebra os seus trescentos cincuenta partidos na historia do club. Mallo igualou con Vicente e converteuse en Vilarreal no cuarto xogador na historia do Celta con máis partidos, sumando todas as categorías profesionais e os torneos domésticos e europeos.

O marinense ten vinte e oito anos. Non pasou polo filial, de xuvenís pasou ao primeiro equipo. Debutou hai dez anos con Eusebio Sacristán no banco. Hugo Mallo xogou en Vilarreal os noventa minutos e sumou 350 partidos de celeste coa mellor das noticias posibles.

Mallo avanza inexorablemente ao Olimpo do celtismo e entra de cheo na piñoca dos grandes nomes, algo difícil de imaxinar para o de Marín.

A tiro de pedra do lateral queda agora Javier Maté, quen sumou 369 partidos co equipo vigués e, amais, foi quen convenceu a Hugo Mallo, cando cativo, para facerse celeste.

A foto fixa deses 350 partidos de Hugo Mallo dan para moito. Para moito bo e para un mal, moi mal momento en Old Traford.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019