CRTVG

Buscar

As oficinas postais abren de tarde nesta derradeira xornada para pedir o voto por correo

Publicado o 18/04/2019 15:25

O derradeiro día para solicitar o voto por correo é este xoves. Malia ser festivo, as oficinas postais están abertas.  148 oficinas de Correos en Galicia permanecen operativas tamén en horario de tarde.  Alo longo da mañá formáronse longas ringreiras de xente que deixou este trámite para o último día.

Para obter a documentación que lles vai permitir votar por correo, os interesados deberán acreditar primeiro a súa identidade co DNI, pasaporte ou carnet de conducir. Despois teñen que cubrir un impreso e entregarllo ao funcionario que o envía de xeito gratuíto ás oficinas provinciais do censo electoral.

Uns días despois recibirán personalmente na casa, con carácter certificado e urxente, as papeletas e os sobres. O seguinte paso, regresar á oficina de correos e depositar o voto antes do 24 de abril, o mércores da semana que vén. 

Nas últimas eleccións xerais preto dun millón e medio de persoas solicitaron o voto por correo en España. 

Dos que viven no estranxeiro, solicitaron votar, só, un 8% dos españois e un 5% dos galegos


O voto dende o extranxeiro solicítase por vía telemática ou tamén mediante correo postal ou fax á Oficina do Censo electoral. 

Dos españois que viven no extranxeiro só un 8% solicitaron votar nestas eleccións, segundo os datos do INE. No caso dos galegos a porcentaxe aínda é menor: un 5%. En concreto solicitaron o voto uns 21.000 galegos residentes no exterior. Son menos que nas últimas xerais. E isto non quere dicir que finalmente vaian votar porque aínda lles queda por diante proceso burocrático, polas dificultades do voto rogado. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019