CRTVG

Buscar

Retómanse os permisos para poder facer queimas controladas no rural

Publicado o 08/10/2019 11:37

Desde hoxe pódense volver pedir os permisos para queimar restos agrícolas e forestais. A tramitación pode facerse na web de Medio Rural ou no teléfono 012.

Se se trata de restos agrícolas, abonda comunicar a queima con dous días de antelación. Se son restos forestais cómpre pedir unha autorización unha semana antes.

Calquera destes permisos deixa de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019