CRTVG

Buscar

Finalizan os exames da convocatoria extraordinaria da ABAU

Publicado o 12/07/2019 13:48


Último empurrón ata deixar a un lado os apuntes, polo menos, ata setembro. Rematan tres días de esforzo por parte dos alumnos, pero tamén por parte da organización para conseguir que nesta convocatoria non se fale de erros senón de simples anécdotas.

Luis Hervella, Pte. comisión delegada 1, 3 e 5, di o seguinte: "Cando comezan os exames dáselles nove pegatinas para que sexa a súa identificación, e ao día seguinte xa as perderon a metade deles, é unha cousa que non entendo, porque se ti lles das 20 euros seguro que non os perden"

Optimismo á saída dos primeiros exames, de historia da arte e de bioloxía, aínda que a memoria tamén xogou malas pasadas.

"Bastante mal, as expectativas non estaban altas pero inventeime o vocabulario todo, era século X e eu puxen XI, así que bastante mal pero bueno. Eu inventeime o vocabulario iso si, pero o resto supoño que ben, a ver se hai sorte. A min pareceume fácil e asequible e saín contenta, non foi largo e puxo obras que se me daban ben"

Para moitos era o terceiro día no que se tiñan que enfrontar a probas, polo que, a pesar do cansazo, aseguran rematar con boas sensacións esta convocatoria de xullo.

"Vés cunha presión de que precisas moita nota, precisas centrarte, e a verdade é que repetiron moitas preguntas que saíron nos outros exames así que ao final é moi parecido. Moi relaxado, con ganas de comezar a disfrutar do verán e comezar a estudar unha carreira. Foi duro pero hoxe festón á noite"

Os nervios xa pasaron, pero agora virá a incerteza, polo menos ata o seguinte xoves día 18, que será cando coñezan as notas e comecen a facer números e cadrar posibilidades.

Noticias web

12/07/2019