CRTVG

Buscar

Hoxe, Rácing - Compostela na G2 (17:00)

Publicado o 21/11/2020 14:39

Imos coa Segunda B, que retoma tamén a competición con outra xornada interesante para os galegos. Comeza ás cinco desta tarde cun derbi na G2. Enfróntanse na Malata dous rivais nun bo momento. Por unha banda, o Rácing, invicto desde a primeira xornada, e que acaba de anunciar a chegada do lateral dereito brasileiro Marcos Moser, que estaba pendente de trámites burocráticos. E, por outra, o Compostela, que segue forte atrás e sumou a súa primeira vitoria na última xornada. Quen gañe dará un bo pulo na clasificación.

Noticias web

21/11/2020