Hoxe no Betis-Obradoiro cumpriranse 24 anos do debut de Albert Oliver
Publicado o 23/10/2021 15:39
Cando Albert Oliver salte á cancha este serán faro pra celebrar 24 anos do seu debut. Porque tal xornada coma esta, un 19 de outubro, xogou o primeiro partido na ACB. O seu adestrador era Alfred Julbe.
Aos seus 43 anos, Oliver pasou logo por Manresa, Valencia, Gran Canaria -onde gañou a Supercopa- e Betis, o rival desta tarde. Sempre con tanta ilusión como saúde, as claves da súa lonxevidade.
Sacrificios que lle permiten estar a un só ano do record de Middleton. Xogou ata os 44 na ACB. Albert Oliver, historia do noso básket, abocado -por idade- a situacións tan excepcionais como compartir posto de base con Zurbriggen, un rapaz que naceu un día despois do seu debut.