Folga xeral en Francia contra a reforma das pensións
Publicado o 05/12/2019 08:17
O presidente francés Emmanuel Macron afronta unha folga pola reforma das pensións que ameaza con paralizar Francia Pararán os transportes e as escolas, entre outros sectores que, sen ser maioritarios, posúen a chave da actividade económica. Macron móstrase aberto a discutir detalles da reforma, pero non a retirala. Os sindicatos ameazan con prolongar o pulso durante días ou semanas.