CRTVG

Buscar

Hoxe fai 80 anos do nacemento de John Lennon, que tivo a súa propia conexión con Galicia

Publicado o 09/10/2020 16:22

Hoxe fai 80 anos que nacía en Liverpool, Inglaterra, un dos grandes mitos do século XX.

John Lennon, líder fundador dos Beatles, tamén tivo a súa propia conexión persoal con Galicia.

Foi a través de Rosaura López, unha pontevedresa que traballou os últimos catro anos da vida do músico no seu apartamento do mítico edificio Dakota.

A súa relación foi máis aló do profesional, como proban as agarimosas postais que Lennon lle enviaba cando viaxaba.

Rosaura morreu no ano 2005, poucos meses despois de publicar un libro cos seus recordos a carón do artista.

Noticias web

09/10/2020