CRTVG

Buscar

Varias cidades galegas acollen actos polo Día Mundial da Parálise Cerebral

Publicado o 04/10/2017 14:08

A José Luís Pita operárono de amígdalas aos 5 anos e unha reanimación deficiente provocoulle unha parálise cerebral que cambiou toda a súa vida e a da súa familia. Hoxe ten 40 anos, e asiste ao centro Amencer de Pontevedra. A súa nai que era profesora especializouse en pedagoxía  terapéutica.

Conseguiu aprender a ler e escribir e chegou a andar. Ela considera que días coma este da parálise cerebral son moi importantes para que a xente saiba como viven os afectados.

Este é José Luís Pita, ata os cinco anos tivo unha vida normal, pero unha operación de amígdalas provocoulle unha parálise cerebral aos cinco anos. Estivo a piques da morte. Desde aquela a súa nai que era profesora centrouse nel.

Agora, aos seus corenta anos, vai todos os días nesta moto ao centro Amencer de Pontevedra, aprendeu a ler e escribir, monta en bicicleta adaptada, e no seu día chegou a andar, adora a informática sobre todo os chats e as redes sociais.

Desde que José Luís padece a enfermidade, todo mellorou moito. Agora xa hai carriños de bebé adaptados, e moitas axudas técnicas máis. Porén Concepción considera que sería necesario máis apoio de fisioterapia para que os afectados non perderan musculación e nalgúns caso a capacidade de andar.

Hoxe moitas cidades, entre elas Pontevedra, acolleron concentracións como esta de Pontevedra en apoio aos afectados. José e a súa nai consideran que son esenciais para sensibilizar a sociedade.

Asociacións como Amencer teñen un gabinete laboral que nalgúns casos consegue orientar e conseguir traballo para algúns afectados nas ITV, nos hipermercados e mesmo na administración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2017