CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Hoxe é o Día Mundial do Lupus, unha doenza que ataca o sistema inmunitario

Publicado o 10/05/2017 15:07

Hoxe é o Día Mundial do Lupus, unha doenza autoinmune que padecen máis de cinco millóns de persoas en todo o mundo. Actualmente apostase máis polo tratamento biolóxico, menos agresivo cos pacientes. Con todo o dia a día é un loita sen fin.

O calvario de Isabel comeza cando se levanta, dóelle todo o corpo e o malestar vai minorando aos poucos. Estudou algo de medicina e rematou xornalismo, pero nunca exerceu.

Detectáronlle a enfermidade axiña porque tiña antecedentes familiares. Sufriu un infarto e tivo que agardar un ano sen brotes para poder ter a súa filla que hoxe ten 14 anos.

A Isabel gústalle moito bailar, pero só pode facer deporte suave non debe someterse a estrés nin facer esforzos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí