CRTVG

Buscar

Os núcleos de poboación con menos de 10.000 habitantes xa non atenden a franxas horarias

Publicado o 18/05/2020 15:34

Saír pasear ou facer deporte en boa parte do territorio galego quedará libre de horarios.

Tan só seguirán vixentes as franxas marcadas nas sete grandes cidades e en vilas como Narón, Carballo, Ponteareas, Monforte ou O Carballiño. Noutros grandes concellos próximos ás cidades quedarían exentos de restricións importantes núcleos de poboación. É o caso de boa parte de Oleiros, onde só se mantería na parroquia de Liáns, ou Cambre con núcleos tan poboados coma O Temple.

Por provincias, A Coruña é a que conta con máis concellos restrinxidos aos paseos. En Pontevedra serían ademais da capital e Vigo, as vilas de Ponteareas, Marín, Vilagarcía e Lalín. En Ourense, O Carballiño, O Barco e Verín. E en Lugo só se manteñen as franxas horarias na capital e en Monforte.

Os concellos agardan a que nas próximas horas se publique oficialmente esta decisión do Goberno, avanzada por Pedro Sanchez despois da conferencia cos presidentes autonómicos, para poder aplicar a medida nesta fase 1 en que se atopa Galicia.

Noticias web

18/05/2020