CRTVG

Buscar

Fanse vinte anos do accidente do Discoverer Enterprise na ría de Ferrol

Publicado o 12/01/2018 21:55

Esta madrugada fai 20 anos do accidente do Discoverer Enterprise na ría de Ferrol, que provocou o corte da ponte das Pías. Aquela noite, no medio dun gran temporal, a plaforma que se construía nos estaleiros de Astano soltouse e acabou por destruír a principal vía de comunicación de Ferrol. Hoxe recordamos aquilo, con algúns dos seus protagonistas, e tamén cos traballadores desta casa, a Televisión de Galicia, que foi o primeiro medio en contar a noticia desde o lugar onde estaba ocorrendo.

13 de xaneiro de 1998. No medio da madrugada, en pleno temporal, con refachos de ata 170 quilómetros por hora, unha plataforma que se está a construír nos estaleiros de Fene, sóltase das amarras e acaba ao pairo pola ría. A ponte das Pías sérvelle de freo. Nese momento a vía de entrada e saída da cidade queda desfeita.

E despois daquilo, as consecuencias. Semanas de desvíos para poder entrar e saír de Ferrol. E nun tempo récord a ponte estaba outra vez en servizo.

Foi un suceso que quedou na memoría de todos os galegos, en especial nos veciños de Ferrolterra, e poucos son os que non recordan aquilo cada vez que atravesan hoxe a ponte das Pías.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018