CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro

Publicado o 27/03/2017 21:47



Hoxe é o Día Mundial do Teatro. En Galicia, a Xunta conmemorouno na Biblioteca Municipal de Brión, pretiño de Santiago, onde se celebrou unha representación infantil.

Anualmente, o Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo instituído pola organización Instituto Internacional do Teatro, unha ONG relacionada coa UNESCO. Cadrando coa data, hai eventos teatrais nacionais e internacionais organizados por institucións e organizacións privadas. Na Biblioteca Municipal de Brión, preto de Compostela, houbo esta tarde unha representación de teatro para nenos coa representación da obra 'O xigante' co gallo da posta en marcha do programa de dinamización da lectura 'Ler conta moito'.

O importante en datas coma hoxe é promocionar o teatro, sobre todo entre os máis pequenos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

27/03/2017