Galicia Noticias Mediodía
Hoxe celébrase o Día do Pai
É 19 de marzo, é o Día do Pai. Este ano é xornada laborable, e quixemos saber se se mantén o costume de celebrar e agasallar nesta xornada.
Xa hai tempo que o 19 de marzo non é xornada festiva. E aínda por riba este ano cae en luns. Pero poucos son os que se resisten a non celebrar este día. Esta data marcada en vermello no calendario serve para lembrar un ano máis que todos os días son o Día do Pai.
Unha xornada que celebramos con agasallos para os pais. Roupa e tecnoloxía son sempre un acerto.
E se algo non falla este día é unha reunión familiar arredor da mesa.
Aínda que tamén basta con simplemente pasar o día xuntos.
Neste día non todo van ser regalos materiais. Ao fin e ao cabo, o máis importante é poder compartir o día e amosar o cariño e a importancia que os pais teñen na nosa vida.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí