Zigzag diario
Hoxe celébrase o día da Ilustración en memoria do nacemento de Castelao
Publicado o 30/01/2018 16:58
En xaneiro de 1886 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nacía en Rianxo.
O político, escritor, novelista e dramaturgo, ideólogo do galeguismo, médico, pintor, grande humorista, debuxante e ilustrador, viviu a emigración á Arxentina a onde partiu aos once anos para reunirse co seu pai.
Deputado nas cortes, un dos pais do estatuto do 36, ademais da emigración padecería o desterro e o exilio.
Morreu lonxe da súa Galiza, tamén un xaneiro, o do ano 1950.