CRTVG

Buscar

Hoteis para mascotas, unha alternativa para pontes e vacacións

Publicado o 06/12/2018 12:51

Os hoteis ou garderías para mascotas son a solución cando chega unha ponte coma esta e os donos queren saír de viaxe. O prezo medio roza os 10 euros por día, con pensión completa. Nós estivemos nun hotel onde teñen suits para cans con cama, calefacción e ata televisión.

Bubú é un can con sorte. Ocupa unha das suits deste hotel canino onde o deixaron seus donos para que pase esta ponte de catro días. Non é o único, neste establecemento hai outros moitos animais que teñen cuarto propio e atención personalizada se a precisan. É o caso dos dous cadelos que deixa a miúdo Fuencisla Sobrino.

A maioría dos clientes deste tipo de servizos, segundo este experto, veñen da cidade e están afeitos ás comodidades dunha vivenda urbana, que son as que tratan de reproducir os hoteis coma este para unha mellor adaptación das mascotas.

Os animais que acoden a garderías coma esta teñen, ademais, espazo exterior para xogar e facer exercicio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018