CRTVG

Buscar

Hoteis galegos preparan a reapertura con promocións para os clientes

Publicado o 23/05/2020 16:28

A partir do luns os hoteis poden abrir as zonas comúns e tamén os seus servizos de restauración. A maioría dos establecementos permanecen aínda pechados e prepáranse para un verán atípico no que a necesidade obriga o sector a reinventarse.

Coas portas aínda pechadas adáptanse aos requisitos de seguridade ao tempo que buscan gañar a confianza dos clientes. A fase un do desconfinamento permite a apertura dos hoteis, aínda que os usuarios terán que ser da mesma provincia, ao estaren prohibidos o resto de desprazamentos. Con estas restricións, moitos establecementos optan por agardar a xuño para reabriren. Coa esperanza posta no turismo nacional, algunhas compañías lanzan ofertas que permiten ir pechando as primeras reservas.

Trátase de promocionar a venda anticipada e seducir os posibles clientes no comezo dunha temporada incerta.
 
Logo dun 2019 con máis de cinco millóns de turistas e preto de once millóns de pernoctacións en Galicia, o sector confía na súa recuperación tras o parón obrigado polo estado de alarma sanitaria.

Noticias web

23/05/2020