CRTVG

Buscar

Hoteis e pisos turísticos levan o cartel de completo estes días no litoral de Arousa Norte

Publicado o 19/07/2019 14:32

As vilas que conforman a mancomunidade Arousa Norte están a notar a presenza de turistas estes días. En Ribeira, o punto de partida das Festas da Dorna confirmou o seu éxito, xa que, segundo os hostaleiros, nesta localidade o verán comeza a partir desta celebración, e os comercios xa o notan.

"A Festa da Dorna é moi boa para Ribeira, de feito vén moita xente de Navarra, Madrid... Nós estamos moi contentos, porque eu teño que vender zapato para gastalo na festa da Dorna", di a dona dun establecemento.

Na rúa compróbase o que acabamos de escoitar. Turismo nacional na súa meirande parte, atraído pola gastronomía ou o tempo, que esta fin de semana deixa ocupacións do 100% nos hoteis de Ribeira.

"Gústame a zona, Ribeira, a Pobra, Corrubedo... eu sobre todo veñoa comer marisco. No País Vasco trataban a Galicia coma se fósemos os pobres de España, pero eu cheguei a aquí e estamos mellor ca no País Vasco. Irémonos o 27, viñemos para pasar as festas e ata que rematen non nos imos, ao mellor volvemos algún día nas festas de Agosto", din varios turistas.

As previsións de Arousa Norte para o que queda de verán son boas, polo menos ata a segunda metade de agosto. Pendentes, iso si, do tempo, que determinará o éxito ou non desta campaña de verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019