Hoteis e hostalaría de Compostela afrontan con optimismo a ponte festiva
En moitos hoteis apenas quedan cuartos sen ocupar para esta ponte do Pilar. Santiago afronta os vindeiros catro días cunha previsión de ocupación que supera o 60 por cento, e tendo en conta que a oferta de hoteis, pensións, albergues ou vivendas turísticas supera as 12.000 prazas, a actividade no sector turístico é frenética.
E o cheo nos hoteis que se traducirá nun cheo nas mesas de bares e restaurantes, onde ademais desde esta fin de semana poderán xuntarse máis comensais na mesma mesa. A rúa de San Pedro xa amosaba este mediodía un animado limiar do que se espera para a fin de semana. As rúas da zona histórica xa comezan a ser un fervedoiro, e o bo tempo axuda.
Setembro superou en 16 puntos a previsión de ocupación que fixera o sector na capital galega, que rozou o 70 por cento.