CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Hoteis das Rías Baixas completos en pleno mes de outubro

Publicado o 06/10/2017 14:31

Con estas praias, e estas temperaturas, e este sol, as reservas para esta fin de semana en moitos hoteis da costa, coma nas Rías Baixas, están rozando o 100%. Uns niveis que, segundo as previsións, poderían repetirse de cara á ponte do Pilar.

Cun tempo máis propio do verán que do outono, as reservas hoteleiras nas Rías Baixas manteñen a liña estival. Ao longo desta semana foron moitos os establecementos que rozaron o cen por cento de ocupación. E de cara á fin de semana están practicamente completos.

O bo tempo ten moito que ver cos altos niveis de ocupación rexistrados este mes de outubro, en que os que acoden ás festas e aos congresos se suman os turistas que buscan nas Rías Baixas tranquilidade e tempo apracible.

Desde o sector hostaleiro, amósanse satisfeitos polo bo ritmo de resevas durante este mes. Uns niveis que todo apunta que se van manter de cara á ponte do Pilar, onde esperan chegar ao cen por cento de ocupación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí