CRTVG

Buscar

Hostaleiros da zona vella de Ourense queren medidas conxuntas para recuperarse

Publicado o 26/05/2020 16:20

É a primeira vez que os hostaleiros da zona histórica de Ourense se unen nunha asociación. Baixo o lema "Véxote nos viños", pretenden negociar coas administracións locais e cos veciños medidas conxuntas que lles axuden a recuperarse da crise provocada polo confinamento. Propoñen flexibilidade durante o verán para ampliar horarios e terrazas sen deixar de manter as medidas de seguridade.

Consideran que a zona dos viños é un escaparate da cidade, igual que as Burgas, as termas ou a catedral, un lugar de visita obrigada para turistas e de encontro para os ourensáns. Segundo din, precisan un empurrón para sobrevivir.

Noticias web

26/05/2020