CRTVG

Buscar

Hostalería reinventada para sobrevivir ao peche

Publicado o 08/11/2020 20:44

A soidade das rúas sen terrazas recorda ás estampas de hai oito meses, aínda que agora o ambiente familiar mitiga tanto baleiro.

A hostalería reinvéntase para sobrevivir ao peche obrigado ofrecendo produtos para levar e servizo a domicilio. Cada vez máis repartidores circulan por cidades un tanto desanxeladas para levaren ás casas as excelencias dos restaurantes. E, despois da chuvia, o paseo dominical é unha escusa para coller un café ou unha merenda, e ao revés, porque un chocolate, un doce ou un xeado tamén poden iluminar unha tarde de novembro.

O sector agarda que os pedidos axuden a levantar os números deste mes difícil con mesas recollidas.

Noticias web

08/11/2020