Hostaleiros que esquivan os efectos da pandemia
A apertura deste local de hostalería de Barreiros estaba fixada para o 14 de marzo de 2020, cando comezou o confinamento. Pospuxérona catro meses e, aos quince días de abrir, decretouse o peche perimetral da Mariña. E aínda con eses atrancos, o negocio saiu adiante e está traballando de xeito que non teñen perdas e poden amortizar o investimento As comidas a domicilio e en recollida e as vendas de consumicións para levar están permitindo sair adiante e mesmo facer plans de futuro.
"Chegamos a pensar se seriamos necesarios todos os que traballamos. se cadra o segredo é que as necesidades dos clientes están aí e había que atendelas", di Tamara Rubiños, xerente do Rías Altas.
O persoal acaba de renovar os seus contratos en plena terceira ola e mesmo se pensa xa en novas contratacións de cara o verán. Os traballadores din que a clave é seguir as normas sanitarias e esforzarse en dar o mellor servizo posible para que os clientes recomenden o hotel e o restaurante.
"Tal como estaban as cousas eu víao todo negro. Pero o verán foi bastante ben e agora puiden renovar, co que estou moi contenta", asegura Andrea Comendeiro, traballadora do hotel.
De momento non pensan en como lles irá na Semana Santa, pero si que confían en que o levantamento parcial das restricións este venres permitirá que o negocio vai aínda mellor.