Hostaleiros e comerciantes da provincia de Pontevedra maniféstanse para pedir o rescate do sector
Publicado o 18/01/2021 14:54
Os hostaleiros e comerciantes da provincia de Pontevedra saíron hoxe ás rúas para pedir un rescate ante a complexa situación que están a pasar.
Dous dos sectores máis castigados pola pandemia uníronse esta mañá para solicitar un incremento das axudas e unha redución dos impostos.
Dende o sector da hostalaría falan de perdas incalculables e de peches que, en moitos casos, serán definitivos como a situación se manteña nesta liña.
Os manifestantes reclaman o amparo do sector e medidas directas para poder facer fronte aos gastos elevados que continuan tendo e poder manter os negocios abertos cando remate a crise sanitaria.