CRTVG

Buscar

Hostaleiros de Vigo ofrecen descontos a parados cando abran

Publicado o 24/03/2020 19:59

Alejandro ten un local de hostalería nunha das zonas máis caras de Vigo.
Sabe das dificultades económicas de moita xente e, a pesar de levar o seu
negocio 11 días pechado, xa pensou nas primeiras medidas para que volvan
os seus clientes unha vez remate o estado de alarma.

Durante dous meses ofrecerá descontos do 30% a persoas que se quedaran
en paro pola crise do coronavirus. Coma Alejandro, hai unha ducia de
cafeterías e restaurantes de Vigo que ofrecen algún tipo de desconto.

Un grande esforzo que van facer sobre todo cando moitos deles están
pasando por dificultades económicas ao ter pechado o seu negocio.

Noticias web

24/03/2020