Hostaleiros de toda España maniféstanse en Madrid na defensa do sector
Publicado o 09/09/2020 15:03
Hostaleiros de toda España manifestáronse en Madrid en defensa do sector e en apoio ao ocio nocturno.
Critican que só se lles aplican restricións e atrancos e faltan medidas compensatorias e de apoio, o que está poñendo en perigo miles de empregos.
En Madrid tampouco faltou a representación dos hostaleiros galegos.
Tamén houbo concentración de hostaleiros en Vigo e peches simbólicos en Lugo.
Rexeitan os peches xeneralizados e piden que se castigue os que non cumpren as normas, pero que se lles deixe traballar aos que si o fan.