CRTVG

Buscar

Hostaleiros de Redondela piden control fronte aos furanchos

Publicado o 10/06/2021 14:35

Naceron para vender excedente de viño de colleita propia, e non sempre é así. Só poden servir cinco tapas e ás veces son máis. Isto é o que critica a Asociación de Hostaleiros de Redondela nunha vila con gran tradición furancheira. Din que a lei actual de 2012 é moi suave e quedouse obsoleta. Ademais reclaman ás administracións que velen para que se cumpra a norma.

Fermín rexenta desde hai 46 anos este furancho, gravámolo hoxe sulfatando, ten a súa licenza como vinte en toda Redondela e di cumprir estritamente a legalidade. Considera que algúns establecementos ilegais se agochan tras un loureiro e que as administracións deben controlalo.

Fermín abrirá este venres con todos oa papeis en regra, as súas cinco tapas e o rexistro vitivinícola e as cantidades que pode vender; anima a todos a que así o fagan para non rematar esta tradición que en Redondela se remonta ao século XVII.

Noticias web

10/06/2021