Hostaleiros de Ourense concéntranse en demanda de axudas
Publicado o 14/10/2020 19:11
Na cidade de Ourense, os hostaleiros volveron saír esta tarde á rúa. Concentráronse na Praza Maior en demanda de axudas. Con lemas como "Queremos traballar, solucións xa" e ao ritmo das cazolas, pediron unha maior sensibilidade das institucións cara ao sector, polos prexuízos que lles están ocasionando as restricións. Demándanlle ao concello máis permisividade coa ampliación de terrazas e un compromiso coa problemática da hostalería.