CRTVG

Buscar

Hostaleiros da zona histórica de Ourense, xuntos fronte á crise

Publicado o 26/05/2020 14:54

É a primeira vez que os hostaleiros da zona histórica de Ourense se unen nunha asociación. Baixo o lema "Véxote nos viños", pretenden negociar coas administracións locais e cos veciños medidas conxuntas que lles axuden a recuperarse da crise provocada polo confinamento. Propoñen flexibilidade durante o verán para ampliar horarios e terrazas sen deixar de manter as medidas de seguridade.

"Garantías para sair adiante e non para morrer outra vez, e garantías sanitarias. Turismo e Sanidade que veñan facer inspeccións informativas, que nos digan o que está ben e o que está mal, e non que veñna dentro de dúas semanas a poñernos unha multa. E sobre todo, sentirmos protexidos como rebaño", di Quique Fidalgo, o presidente da asociación.

Consideran que a zona dos viños é un escaparate da cidade, igual que as Burgas, as termas ou a catedral, un lugar de visita obrigada para turistas e de encontro para os ourensáns. Segundo din, precisan un empurrón para sobrevivir.


 

Noticias web

26/05/2020