CRTVG

Buscar

Hostaleiros da Mariña buscan persoal para o verán

Publicado o 19/05/2017 19:19

Na comarca hai unha escola de hostalaría, pero os 50 alumnos que saen cada curso non son de abondo para darlles resposta ás demandas do sector

Hostaleiros da Mariña buscan profesionais para o verán, e non dan encontrado. Na comarca hai unha escola de hostalaría, pero os 50 alumnos que saen cada curso non son de abondo para darlles resposta ás demandas do sector.

Carteis coma este colgan de moitos establecementos hostaleiros da Mariña. Buscan profesionais para reforzar o cadro de persoal na temporada estival, pero a tarefa non é doada. Na comarca apenas hai oferta a pesar de teren unha escola de hostalaría. 

Da escola saen cada ano uns 50 alumnos, insuficientes para cubrir a demanda do sector. E moitos optan por marchar para fóra para seguir formándose en locais de referencia con estrela Michelin.

Ofrecer contratos indefinidos é imposible, din os empresarios, polo contraste en rendibilidade dos seus negocios entre o verán e o inverno.

Moitos apuntan que os contratos temporais nun sector con fama de mal pagador a cambio de moitas horas de traballo non seducen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017