CRTVG

Buscar

Hospitalizan tres tripulantes do Manuel Laura, dos nove positivos por covid

Publicado o 04/08/2021 11:52

Tres dos doce tripulantes do pesqueiro Manuel Laura, que onte regresou a Vigo desde o Gran Sol, tiveron que ser ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo informaron fontes do Sergas.

Os nove mariñeiros, que non precisaron hospitalización, incluídos os tres que deron negativo nos test PCR que se practicou á tripulación tras chegar ao porto vigués, gardan corentena no barco.

O Manuel Laura regresou despois de que lles fora denegado auxilio en Castletownbere por parte das autoridades irlandesas, que incumpriron o Regulamento Sanitario Internacional, segundo denunciou o luns a CIG, que lle pediu á Xunta e ao Goberno de España que tome medidas respecto diso.

O barco estaba en mar aberto cando un tripulante sentiu molestias. Alertaron o Centro Radio Médico de Madrid, e cando chegaron a Irlanda sufriron "presións, ameazas veladas e suxestións das autoridades sanitarias irlandesas", que lles dixeron que "non tiñan ambulancias dispoñibles nin taxis" para casos. Unha enfermeira embarcou e fíxolle unha PCR a un dos mariñeiros, que deu positivo, e emprenderon viaxe de regreso a Vigo. 

A tripulación embarcou vacinada e cumprindo o protocolo que establece Sanidade, segundo fontes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo.

Noticias web

04/08/2021