Hospitalizado un veciño de Moaña pola picada dunha avespa velutina
Publicado o 04/06/2021 15:07

Un home está hospitalizado despois de que o picara unha avespa velutina. Foi en Moaña. Nun primeiro momento trasladárono ata o centro de saúde, pero como non melloraba foi preciso que o helicóptero do 061 o recollera de urxencia e o levase ao hospital.
A loita contra a velutina intensifícase nesta comarca, onde nesta semana xa retiraron varios niños construídos en cornixas e balcóns dentro das contornas periurbanas e urbanas incluso de Cangas.