CRTVG

Buscar

Hospitalizado un mozo de 19 anos tras ser golpeado por varias persoas en Ribeira

Publicado o 27/09/2021 15:00

Da tranquilidade do día a día ás pelexas, ruídos e desfeitas nas vivendas na fin de semana. Isto é o que sofren os veciños do barrio de Bandourrío da localidade costeira de Ribeira. Explican estar fartos de que cando os locais de hostalería pechan, a xente se concentre nas rúas facendo barullo, coa música alta e consumindo bebidas fóra dos locais.

As pelexas son frecuentes cada fin de semana e algunhas con consecuencias graves, como a que ocorreu na madrugada deste sábado. Un rapaz está ingresado no Hospital Clínico de Santiago, fóra de perigo, despois de que varias persoas mallaran nel. Todo comezou cun golpe por detrás da cabeza e cando o mozo se dirixiu ao autor este volveu a golpealo na cara. Na pelexa sumáronse dúas persoas máis ata tombalo no chan.

Moitos veciños senten medo e piden máis vixilancia e que se aumente a seguridade da zona e evitar así que esta problemática vaia a máis.

 

Noticias web

27/09/2021