CRTVG

Buscar

Hospitalizado por picaduras da avespa asiática

Publicado o 08/10/2015 20:33

Un operario dunha empresa madeireira foi atacado polas avespas asiáticas cando estaba a cortar unha árbore na Pontenova

O traballador sufriu unha reacción alérxica por mor das picaduras, polo que tivo que ser hospitalizado.

O ataque a un operario por parte das avespas asiáticas fai crecer o temor a esta praga entre os madeireiros. Cando ía cortar este eucalipto na Pontenova, o traballador sufriu dúas picaduras nas mans, a pesar de que levaba postos guantes grosos. A continuación, entrou en shock anafiláctico, polo que tivo que ser trasladado ao Hospital Universitario de Lugo. 

Ante o incremento dos ataques por parte da avespa velutina, dende o sector da madeira reclaman que se tomen medidas. Piden que as autoridades comecen canto antes a erradicar esta praga. 

O operario que foi atacado polas avespas xa recibiu a alta hospitalaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2015